sábado, 28 de marzo de 2009

POÑENDO UN POUCO DE ORDEN

Mimadriña! Non podedes imaxinar cómo estaba eu cando empezou o curso... Qué desorden!

Todos os estantes patas arriba, os libros fora do seu sitio, as mesas cheas de papeis...

Menos mal que chegaron unhas profes e se puxeron a traballar para que todo estivera ben colocadiño. Levoulles o seu tempo, non vaiades a pensar, pero ó final a bibliteca xa parecía outra.

Qué alivio!

Este é o rincón "distendido", no que podedes ler sentados, recostados, tumbados, en cuclillas, de pe, de rodillas, boca abaixo, boca arriba...

Nestes expositores tendes:
As novidades no de cor vermello; e no outro expositor, dun lado hai libriños para aprender a coidar o noso planeta, e do autro lado, libros para aprender a coidarnos e querernos ben uns aos utros.

Nesta mesa tan grande podedes ler e investigar os maís maiores do cole.

E aquí tendes outra mesa para os que ainda non sodes tan grandiños.


No hay comentarios:

Publicar un comentario