lunes, 30 de marzo de 2009

O XOVES POÉTICO

Todos, todos os xoves do curso recibides unha sorpresa nada máis entrar pol aporta do cole, non sí?
Eu paso a semana enteira buscando un poema que vos poida gustar e o mércores, cando o cole queda valeiro deixo todo preparado para que o xoves as profes vos poidan dar a cada un a vosa poesía. Hainas para xogar, para rir, para chorar...
Gustaríame moito que me deixárades comentarios aquí no blog sobre o que vos parecen as poesías que vos deixo.

DÍA DA AMIZADE






O día trece de febreiro celebramos o día da amizade. Fixemos cousiñas moi moi chulas para que aos nosos amigos nos lles quedase outra que enterarse de canto os queremos.
Primeiro, ó chegar ao cole enchemos un corazón cos nomes de todos os nenos de cada clase, e despois lle escribimos a algunha das nosas amizades cartas, poemas, cantigas, debuxos... calquera cousa que valera para facerlle chegar o noso agarimo... Vótalle un ollo ás fotos, a ver qué che parece, ó millor saes en algunha!

sábado, 28 de marzo de 2009

A NOSA MASCOTA


POR FIN!

Pero qué ganas tiña de que me elixérades! Lembrádesvos?

Fixemos un concurso de mascotas, participáchedes casi todos os nenos do cole. Eu estaba super nervioso, nerviosísimo. Claro, tiña moitos contrincantes. A verdade é que a cousa estivo moi reñida porque participaron mascotas realmente chulísimas. A mín fíxome Laura, coñecédela? está na clase de Educación Infantil e pintoume tan, tan ben que claro, saín gañador. E eu... contentísimo. Cánto me gusta escribirvos cartas, e verbos chegar á biblioteca. Sí, sí, xa sei que vos non me vedes pero eu sempre, sempre estou alí, mirándovos, lendo, rindo, e aprendendo con vos.

POÑENDO UN POUCO DE ORDEN

Mimadriña! Non podedes imaxinar cómo estaba eu cando empezou o curso... Qué desorden!

Todos os estantes patas arriba, os libros fora do seu sitio, as mesas cheas de papeis...

Menos mal que chegaron unhas profes e se puxeron a traballar para que todo estivera ben colocadiño. Levoulles o seu tempo, non vaiades a pensar, pero ó final a bibliteca xa parecía outra.

Qué alivio!

Este é o rincón "distendido", no que podedes ler sentados, recostados, tumbados, en cuclillas, de pe, de rodillas, boca abaixo, boca arriba...

Nestes expositores tendes:
As novidades no de cor vermello; e no outro expositor, dun lado hai libriños para aprender a coidar o noso planeta, e do autro lado, libros para aprender a coidarnos e querernos ben uns aos utros.

Nesta mesa tan grande podedes ler e investigar os maís maiores do cole.

E aquí tendes outra mesa para os que ainda non sodes tan grandiños.